Luisa Sánchez define a Vigo Porté como un “escaparate de talento, esforzo e creatividade” que sitúa á cidade no mapa da danza

02/10/2025

Luisa Sánchez en Vigo Porté

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, definiu a Vigo Porté como un "escaparate de talento, esforzo e creatividade" durante o acto de lanzamento da próxima edición do evento, que terá lugar do 29 de abril ao 3 de maio de 2026 e que xa conta con 420 participantes inscritos. Tal e como afirmou, Vigo Porté sitúa a cidade no mapa da danza e supón unha "oportunidade" para que a urbe olívica se converta nun punto de encontro para compañías e academias de toda España. "É un pracer seguir apoiando o evento. Tras a estrea do ano pasado, non dubidamos en dar continuidade a esta colaboración", indicou.