Luisa Sánchez anima a cidade de Vigo a mergullarse en ‘Mulleres’, a nova mostra de Jontxu Argibay en APAMP
15/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este martes na inauguración de ‘Mulleres’, a nova exposición do artista Jontxu Argibay en Navia Espacio de Arte, o espazo expositivo da Asociación de Familias e Mulleres con Parálise Cerebral (APAMP). A mostra reúne 36 obras, 17 pinturas e 19 esculturas, e ofrece unha mirada persoal do artista sobre diferentes mulleres, os seus rostros, emocións e historias. A representante provincial en Vigo animou a visitar a exposición “sen présas” para descubrir tanto aquilo que Argibay quixo contar como o que cada persoa atope nelas. Ademais, felicitou a APAMP por propiciar un espazo cultural aberto á cidade que xa suma 17 propostas artísticas desde a súa creación en 2023.
