Luisa Sánchez salienta o crecemento da Feira do Libro de Vigo, que medra coa participación de 26 casetas

01/07/2026

Luisa Sánchez salienta o crecemento da Feira do Libro de Vigo, que medra coa participación de 26 casetas

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, animou á cidadanía a achegarse á Praza de Compostela, onde este mércores foi inaugurada a 52ª edición da Feira do Libro de Vigo con 26 casetas, cinco máis que en 2025. Durante a súa intervención, a representante provincial en Vigo subliñou o apoio da Deputación a este evento e recalcou a importancia de levar a cultura ao centro da cidade. Ademais, felicitou ao pregoeiro, o escritor Manuel Esteban, de quen salientou a súa capacidade para converter a cidade “no mellor protagonista posible” a través da saga do inspector Carlos Manso. Do mesmo xeito, destacou a presenza de nove librarías viguesas, tres máis que a anterior edición e gabou o labor de Elena Filgueira, representante este ano do sector, como exemplo de que os libros tamén atopan hoxe novos espazos de difusión nas redes sociais.

Galerias de imagenes