Luisa Sánchez salienta o papel do Festival Azul 2026 na divulgación da cultura náutica e marítima de Vigo

08/06/2026

Luisa Sánchez salienta o papel do Festival Azul 2026 na divulgación da cultura náutica e marítima de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, salientou este luns a achega do Festival Azul 2026, organizado polo Clúster Náutico Rías Baixas do 11 ao 14 de xuño, por converter a ría de Vigo nun escaparate do deporte náutico e as experiencias vencelladas ao mar. Durante a presentación do evento, destacou a importancia de impulsar e dar visibilidade a propostas que achegan o mar á cidadanía e fomentan a práctica deportiva en contacto coa natureza. O festival ofrecerá unha ampla programación para todos os públicos, con actividades deportivas, divulgativas, gastronómicas e de lecer que permitirán descubrir a riqueza náutica das Rías Baixas, así como iniciativas orientadas á educación ambiental e mariñeira. Luisa Sánchez visitou tamén o Club Piragüismo Olívico, onde xa se están a desenvolver actividades de iniciación ao kaiak dirixidas a nenos e nenas.

 

 

Galerias de imagenes