Luisa Sánchez entrega os premios do Torneo Minibalonmán O Noso Club no Porriño

31/05/2026

Luisa Sánchez entrega os premios do Torneo Minibalonmán O Noso Club no Porriño

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu este domingo á entrega de premios do Torneo Minibalonmán O Noso Club, onde estivo acompañada da directora de Deportes, Xisela Aranda. O evento reuniu no pavillón municipal do Porriño a preto de 800 nenos e nenas pertencentes a 165 equipos procedentes das catro provincias galegas, que pecharon así a tempada 2025-26. Cun formato de competición de dous tempos de dez minutos, os partidos repartíronse en dez pistas de xogo, de tal xeito que a actividade deportiva non cesou entre as 10.00 e as 18.00 horas. Luisa Sánchez felicitou á organización, aos clubs participantes e ás familias polo éxito dunha competición que destacou polo bo ambiente.

Galerias de imagenes