Luisa Sánchez destaca o Trofeo Príncipe de Asturias como referente da vela e salienta os 30 anos da Ladies Cup

01/09/2026

Luisa Sánchez destaca o Trofeo Príncipe de Asturias como referente da vela e salienta os 30 anos da Ladies Cup

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, puxo en valor a traxectoria do Trofeo Príncipe de Asturias, que este ano alcanza a súa 41ª edición, como unha cita referente na vela e plenamente integrada no conxunto da provincia de Pontevedra. Dentro deste evento, a responsable provincial fixo fincapé na 30ª edición da Ladies Cup, que suma tres décadas de aposta pola vela feminina. Tamén destacou a relevancia da Gala dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, que reunirá en Baiona a referentes deste deporte e recoñecerá traxectorias como as de Támara Echegoyen, Neus Fernández, Martina Gomila, Paula Barceló, María Cantero, Manuel ‘Noluco’ Doreste ou Varadero Comunicación.

Galerias de imagenes