Luisa Sánchez participa na celebración de San Campio en Valladares

30/08/2026

Luisa Sánchez participa na celebración de San Campio en Valladares

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou nas festas de San Campio, en Valladares. Tras asistir á misa solemne e á posterior procesión, compartiu tempo coa veciñanza no torreiro de festas, onde tivo ocasión de conversar con eles e vivir de preto o ambiente dunha xornada especialmente senlleira para a parroquia.