Luisa Sánchez participa na primeira edición da Sardiñada da Asociación do Salvador de Teis

13/06/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á primeira edición da Sardiñada da Asociación Cultural do Salvador de Teis, que conta co apoio da institución provincial e que se celebra durante a fin de semana no Parque da Riouxa. A programación combina gastronomía, artesanía local, música en directo, actividades infantís e propostas para todos os públicos nun dos espazos verdes máis emblemáticos do barrio de Teis. Luisa Sánchez felicitou á organización por impulsar unha proposta que combina cultura popular e participación cidadá como antesala da noite de San Xoán.

Galerias de imagenes