Luisa Sánchez presencia no Ifevi as semifinais da Supercopa Ibérica de balonmán
04/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) á primeira xornada da Supercopa Ibérica masculina de balonmán, que converte a cidade olívica nun dos epicentros do balonmán europeo coas semifinais que enfrontan ao Barça co Porto e ao Sporting CP co Bidasoa Irún. Luisa Sánchez, que entregou ao extremo azulgrana Aleix Gómez o premio ao MVP da primeira semifinal, destacou a oportunidade que supón para Vigo e para toda a provincia acoller unha competición deste nivel, coa presenza de equipos referentes no balonmán continental. A programación continuará este sábado no Ifevi co partido polo terceiro e cuarto posto e coa final, que se disputará ás 20.30 horas. Ademais, dirimirase a Supercopa de España feminina, título ao que aspiran o Rocasa Gran Canaria e o Super Amara Bera Bera (18.15 horas).
