Luisa Sánchez entrega a Branyel Suárez o cinto de ouro como campión galego neoprofesional de boxeo

16/05/2026

c

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á velada de boxeo organizada en Vigo polo Rebouras Team, que reuniu a numerosos afeccionados a este deporte. O evento contou cun amplo programa de combates, entre eles tres en categoría amateur, tres en categoría neoprofesional e a disputa do Campionato Galego Neoprofesional na categoría de 65 quilos, a cinco asaltos. Un dos intres máis destacados da tarde foi o acto de entrega do cinto de ouro a Branyel Suárez como vencedor deste campionato, momento no que Luisa Sánchez subiu ao ring para facer entrega do galardón. O programa completouse cunha serie de combates profesionais de alto nivel a catro asaltos.

Galerias de imagenes