Luisa Sánchez participa en Bouzas nos actos na honra á Virxe do Carme

20/07/2026

Luisa Sánchez participa en Bouzas nos actos na honra á Virxe do Carme

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns aos actos na honra á Virxe do Carme organizados pola Confraría da Nosa Señora do Carme de Bouzas na igrexa parroquial de San Miguel, unha das celebracións relixiosas máis senlleiras da vila mariñeira viguesa. A responsable provincial acompañou aos membros da confraría, autoridades e veciñanza nos distintos actos programados para conmemorar a patroa da xente do mar, nunha xornada que contou cunha alta participación popular.