Luisa Sánchez participa nos actos na honra da Virxe do Carme no porto de Vigo

11/07/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este sábado nos actos organizados no porto de Vigo con motivo da festividade da Virxe do Carme, unha das celebracións máis representativas da comunidade marítima viguesa. Nunha xornada de fonda tradición e significado, a representante provincial acompañou aos profesionais do mar na misa solemne, a procesión terrestre e a ofrenda floral en memoria ás persoas que perderon a vida no mar, como os gardas civís falecidos en Barbate ou a tripulación do pesqueiro portugués ‘Carlos Cunha’.

Galerias de imagenes