Luisa Sánchez visita o campamento DA Summer que fomenta en Vigo a profesionalización da danza hip hop
06/08/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou este xoves na Estación Marítima de Vigo as instalacións do DA Summer que está a impulsar o Club Dance Academy Vigo na cidade para avanzar na profesionalización da disciplina de danza urbana e hip-hop en Galicia. A vicepresidenta saudou os mestres deste campamento intensivo, que reúne talento local e internacional para fusionar cultura, formación e competición en Vigo ata este sábado 8 de agosto e conta co patrocinio institucional da Deputación. A actual edición do DA Summer conta con profesionais destas disciplinas chegados desde o Reino Unido, México, os Estados Unidos, Francia e distintos puntos de xeografía española.