Luisa Sánchez comparte co club e coa afección a Xuntanza Celtista en Balaídos

19/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na Xuntanza Celtista, celebrada este sábado na contorna do estadio de Balaídos. A representante provincial en Vigo acompañou ao celtismo nunha xornada que congregou a afección celeste arredor do fútbol, a música, a gastronomía e a irmandade entre seareiros. Luisa Sánchez tamén compartiu tempo e conversas coa presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, e a súa directiva. A iniciativa, organizada polo club e as peñas antes do partido de Liga fronte ao Racing de Santander, recuperou esta celebración despois de que fose cancelada ao remate da pasada tempada.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.