A Deputación leva este sábado ata Baiona unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir

Trátase da quinta das xornadas da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas e A Lama, e chegará este sábado ao Pavillón municipal de Baiona a partir das 16:30 horas

17/09/2025

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 20 de setembro ata Baiona unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir. Trátase da quinta actividade da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou este ano por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas e A Lama, e chegará esta semana ao Pavillón municipal a partir das 16:30 horas, coa presenza do deputado de Acción Comunitaria Javier Tourís.

A actividade prevé sumar a centos de persoas que gozarán dunha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxes. Neste eido, haberá sesións formativas de risoterapia, así como obradoiros relacionados cos primeiros auxilios e unha sesión de bailes de salón. Ademais, a actividade completarase con música e cun refrixerio para as persoas asistentes. 

+Convivir é un programa provincial co que a Deputación de Pontevedra demostra o seu compromiso co tecido asociativo veciñal e enxalza o papel que este desenvolve para o avance da provincia. Ademais de Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama e agora Baiona, o programa chegará este ano a  Rodeiro, Gondomar, Pontevedra, Ribadumia, Bueu, Oia, Barro e Tui. O pasado ano, foron case 4.000 as persoas que desfrutaron das sete citas organizadas pola institución ao longo da xeografía provincial.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.