A Deputación destina 100.000 euros, 10.000 máis que no 2024, para que 24 entidades sen ánimo de lucro editen obras en galego
O presidente provincial Luis López detallou que as entidades pertencen a 14 concellos da provincia e benefícianse de recursos que oscilan entre os 800 e os 8.000 euros para a edición de materiais en galego normativo relacionados coa provincia
24/07/2025
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 100.000 euros, 10.000 máis que no 2024, para que 24 entidades sen ánimo de lucro editen obras en galego. O presidente provincial, Luis López, explicou que as entidades pertencen a 14 concellos da provincia e benefícianse de recursos que oscilan entre os 800 e os 8.000 euros para a edición de materiais en galego normativo relacionados coa provincia.
“Avanzamos no fomento da nosa lingua e no noso compromiso coa difusión e conservación do noso rico e amplo legado histórico e patrimonio cultural”, subliñou o presidente quen explicou que os recursos, distribuídos por concorrencia competitiva, servirán para que as entidades editen obras en papel, audiovisuais, mixtas ou noutros formatos en galego normativo. As obras están centradas en aspectos relacionados coa provincia, con persoas ou colectivos relevantes da súa contorna ou co seu patrimonio material, inmaterial e artístico como o patrimonio fluvial, as pegadas do pasado, a toponimia ou as tradicións, oficios, artesanía e as festas populares.
Ao detalle benefícianse dos recursos entidades de Barro, Cambados, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Illa de Arousa, Lalín, Moaña, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Pontevedra, Ribadumia, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Trátanse da Asociación Cultural Colectivo Espazo 16 e a Asociación Musical Cultural Tirante de Barro; da Asociación Se chove que chova de Cambados; de O Eido do Cervo de Campo Lameiro; da Asociacíon Cultural Entroido de Augasantas de Cerdedo-Cotobade; da Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa; das asociacións Amigos do Museo Casa do Patrón e Asociación Etnográfica de Codeseda, de Lalín; da Asociación Asemmo de Moaña; do Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas de Mos; da Fundación Carlos Casares de Nigrán; da Asociación Cultural e Artística Os Contentos de Ponte Caldelas; as asociacións O Torreiro do Forzáns, Asociación Galega de Percutas OMAR e Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural de Pontevedra; da Asociación Cultural Alecrín de Ribadumia; das asociacións Abella, APAMP, Gaiteiros da Xistra, Asociación Gallega de Hemofilia, Fundación Bretal e Fundación para la Pesca y el Marisqueo, de Vigo; e para O Faiado da Memoria e a Asociacón Recreativo Cultural Repichoca de Vilagarcía de Arousa.
