A vicepresidenta Luisa Sánchez supervisa a montaxe que se está a desenvolver no IFEVI para o Certame de Rondallas, que terá lugar este sábado

17/01/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, supervisou esta mañá a montaxe que se está a desenvolver no IFEVI para o Certame de Rondallas, que terá lugar este sábado ás 17:00 horas no recinto feiral vigués e no que se darán cita 14 agrupacións de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar e Tui. Sánchez recordou que a institución provincial destina a este certame, “único en Galicia”, 10.000 euros e remarcou o compromiso da Deputación con esta cita e coas rondallas, anunciando que este 2025 “van recibir máis recursos para poder seguir conservando este legado cultural e musical tan importante”.

Galerias de imagenes