A Deputación incrementa nun 20% os recursos destinados a Acción Comunitaria, que ascenden no 2026 a 3,2 millóns de euros

O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, remarcou que con esta suma de recursos “imos seguir avanzando en feitos concretos e proxectos reais e fundamentais para o avance, cohesión e equilibrio territorial da provincia de Pontevedra”

20/11/2025

A Deputación de Pontevedra incrementa nun 20% os recursos destinados a Acción Comunitaria, que ascenden no 2026 a 3,2 millóns de euros. O deputado delegado deste servizo, Javier Tourís, remarcou que con esta suma de recursos “imos seguir avanzando en feitos concretos e proxectos reais e fundamentais para o avance, cohesión e equilibrio territorial da provincia de Pontevedra”.

Tourís subliñou que os recursos para o 2026 servirán para “continuar escoitando o que nos formula a sociedade, entendo as súas necesidades e atendéndoas”. Deste xeito, o deputado destacou que se destinarán 360.000 euros a +Novaqua, 1.440.000 euros a +Aqua e este mesmo importe, 1.440.000 euros, para o Plan Provincia Comunitaria, o que supón, en total, medio millón de euros máis que o estipulado para estes tres plans no orzamento da Deputación do 2025.

Desde o ano 2023 e co orzamento aprobado para o vindeiro ano, o deputado salientou que serán máis de 11,4 millóns de euros os recursos dirixidos polo goberno da Deputación de Pontevedra a fortalecer os lazos co tecido asociativo e o movemento veciñal da provincia. No caso de +Novaqua están xa adxudicados os recursos deste ano, que benefician a 69 comunidades de augas de 30 concellos para a regularización das traídas, ao igual que do Provincia Comunitaria, que benefician a 232 asociacións de 48 concellos. “Pasamos de cero colectivos atendidos e cero euros distribuídos nos oito anos do goberno anterior, aos máis de 1000 colectivos atendidos e 11,4 millóns de euros distribuídos nestes anos, nada máis e nada menos”, remarcou Javier Tourís.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.