Luisa Sánchez salienta a personalidade propia do Festival Underfest e reivindica o papel das salas de concertos na programación cultural de Vigo
09/11/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na presentación da novena edición do Festival Underfest Xacobeo, que se celebrará en Vigo os días 13, 14 e 15 de novembro, con concertos repartidos por diferentes salas da cidade. A representante provincial na cidade felicitou á organización por manter unha proposta capaz de distinguirse dentro do panorama dos festivais e explicou que esa personalidade propia é unha das razóns polas que a Deputación incorporou o Underfest á marca Rías Baixas Fest. O cartel desta edición inclúe artistas internacionais como Cloud Nothings, Electric Six, St. Paul & The Broken Bones, Ed Harcourt, Opus Kink, Maquina, Throes + The Shine e The Monsters, entre outros. Luisa Sánchez tamén reivindicou o papel das salas de concertos e dos pequenos escenarios na vida cultural de Vigo. “A cultura non se mide polo aforo”, afirmou.