Luisa Sánchez participa na xornada Letras en Feminino da Universidade de Vigo

23/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na xornada de Letras en Feminino, a iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo para acercar o coñecemento das aulas á cidadanía e ás rúas. O acto, celebrado na sala Rosalía de Castro da sede de Vigo, contou coa presenza de Carmen García, reitora da Universidade de Vigo, e Carla Míguez, coordinadora da UVigo. O programa correu a cargo de catro participantes: Ánxela Lema (Universidade da Coruña), Elisabet Sánchez (Universidade de Cádiz), Leyre Martín (Universidade de Sevilla) e Ane Irizar (Universidade Complutense de Madrid). A vicepresidenta non quixo deixar a pasar a oportunidade de agradecer a súa exposición e traballo e recordar que “visibilizar a contribución cultural das mulleres supón coñecer a historia dunha forma máis completa e necesaria”.

Galerias de imagenes