Luisa Sánchez pon en valor o talento e o liderado feminino nos XI Premios Executivas de Galicia

15/10/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao acto de entrega da XI edición dos Premios Executivas de Galicia, celebrado no Auditorio da Zona Franca de Vigo, que recoñeceu a traxectoria de mulleres e entidades referentes nos ámbitos empresarial, científico e marítimo. Nesta edición, o Premio Colectivo recaeu en Mulleres Salgadas, asociación galega de mulleres do sector pesqueiro e marítimo; o Premio Individual foi para Yanina Hallak, CEO e cofundadora de UARX Space; e o Premio Internacional distinguiu a Begoña Vila, enxeñeira xefa de Sistemas no Centro de Voo Espacial Goddard da NASA.

Galerias de imagenes