Luisa Sánchez asiste ao almorzo-coloquio coa reitora da UVigo, Carmen García Mateo, no Círculo de Empresarios de Galicia
15/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao almorzo-coloquio ofrecido por Carmen García Mateo, reitora da Universidade de Vigo, no Círculo de Empresarios de Galicia. O encontro serviu para intercambiar opinións arredor da educación superior e do papel da institución universitaria no desenvolvemento da provincia. A vicepresidenta reafirmou a súa vontade de seguir mantendo unha relación fluída entre a Deputación e a Universidade de Vigo.