Luisa Sánchez felicita á Asociación de Xubilados e Pensionistas Avoa polo seu 20º aniversario
29/05/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, felicitou á Asociación de Xubilados e Pensionistas Avoa polo seu 20º aniversario. A responsable provincial entregou aos seus representantes unhas placas conmemorativas coas que agasallar aos fundadores da entidade durante os actos que se celebrarán este sábado na parroquia de Coruxo. Luisa Sánchez destacou “o importante labor social” que desenvolve Avoa en favor das persoas maiores de Vigo desde hai dúas décadas e remarcou o apoio da Deputación a este traballo.