Luisa Sánchez felicita ao Celta Femxa Zorka polo seu ascenso á Liga Feminina

17/05/2026

Luisa Sánchez felicita ao Celta Femxa Zorka polo seu ascenso á Liga Feminina

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, felicitou ao Celta Femxa Zorka polo seu ascenso á Liga Feminina tras proclamarse campión da final a catro disputada esta fin de semana en Vigo. O conxunto anfitrión acadou o regreso á máxima categoría do baloncesto feminino nacional despois de vencer no partido decisivo ao Osés Construcción Ardoi por 63-53.

Luisa Sánchez puxo en valor o ambiente vivido durante toda a competición no pavillón de Navia e destacou o papel da afección celeste, que encheu as bancadas e acompañou ao equipo na loita polo ascenso. A vicepresidenta sinalou tamén a importancia deste ascenso para o baloncesto feminino galego e para a proxección deportiva da cidade.

 

 

 

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.