Luisa Sánchez asiste á Copa 5x5 de Balonmán na Rúa en Poio e participa na entrega de premios

27/09/2026

Luisa Sánchez asiste á Copa 5x5 de Balonmán na Rúa en Poio e participa na entrega de premios

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu este domingo á xornada final e á entrega de premios da Copa 5x5 de Balonmán na Rúa que se celebrou en Poio e que conta co apoio da Deputación de Pontevedra. Esta Copa 5x5, que naceu en 2024 para levar o balonmán aos espazos públicos das vilas e cidades da provincia, está dirixida ás categorías benxamín e alevín, con equipos mixtos. Tras pasar por Cangas e por Poio, a terceira edición do circuíto fará a súa última parada en Vigo do 2 ao 4 de outubro.

Galerias de imagenes