Luisa Sánchez recibe en Vigo á frota de La Solitaire du Figaro, que permanecerá na cidade ata o domingo

21/05/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, recibiu este xoves aos 41 regatistas que compoñen a frota da 57ª La Solitaire du Figaro Paprec. Os monotipos comezaron a chegar a porto pasadas as 16.00 horas despois de completar a travesía de 610 millas entre Perros-Guirec e Vigo. Tras unha etapa moi disputada e con varios cambios de liderado, o primeiro en cruzar a liña de meta situada fronte a Cabo Fisterra foi o patrón irlandés Tom Dolan, que rematou esta primeira etapa da proba en 3 días, 20 horas e 21 minutos.

Luisa Sánchez felicitou aos deportistas pola súa bravura á hora de afrontar esta esixente proba, na que os regatistas navegan en solitario. A entrega de premios celebrarase ás 11.00 horas deste sábado en Portocultura. A segunda etapa partirá da ría de Vigo rumbo a Pornichet na tarde do domingo. Namentres, o peirao vigués albergará diferentes actividades paralelas para celebrar a estadía desta proba única no mundo.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 9 resultados.