Luisa Sánchez destaca a media maratón Entre Rías como unha carreira “para vivir un reto persoal nun escenario único” e subliña o reforzo do apoio da Deputación

07/05/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto co deputado provincial Marcos Guisasola, participou este xoves na presentación da media maratón Entre Rías, unha proba que unirá O Grove e Sanxenxo durante a próxima fin de semana cun percorrido que combina deporte, paisaxe e promoción turística das Rías Baixas. Durante a súa intervención, destacou o “entorno máxico” no que se desenvolve a carreira e subliñou que “cando falamos da Entre Rías falamos de correr, pero tamén de gozar e de vivir un reto persoal nun escenario único”.

A vicepresidenta provincial puxo en valor o crecemento experimentado pola proba nos últimos anos, tanto en participación como en proxección exterior, salientando que preto dun terzo das persoas inscritas proceden de fóra de Galicia. Nesta liña, a Deputación de Pontevedra decidiu reforzar o seu apoio ao evento “porque cando algo funciona, o lóxico é acompañalo e axudar a que siga medrando”.

Galerias de imagenes