Luisa Sánchez anima a descubrir en Vigo a exposición ‘Carteis fantásticos’ e enxalza a oferta cultural do GFFF

03/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á inauguración de ‘Carteis fantásticos. Dez anos do GFFF coa colección Jean-Loup Passek’, que se poderá visitar ata o 3 de outubro na Sede Afundación de Vigo. No acto, a responsable provincial felicitou o Galician Freaky Film Festival (GFFF) polo seu décimo aniversario e puxo en valor a súa capacidade para dinamizar a oferta cultural e de ocio da cidade.

A mostra reúne carteis orixinais e fotografías procedentes da colección do Museo de Cine de Melgaço, reunida durante máis de 50 anos polo francés Jean-Loup Passek. Luisa Sánchez animou á cidadanía a visitar unha exposición que permite facer un percorrido pola historia do cine fantástico e de terror a través do cartelismo. A mostra, de acceso gratuíto, permanecerá aberta de luns a sábado, de 17.30 a 20.30 horas.

Galerias de imagenes