Luisa Sánchez asiste ao encontro empresarial #MAPA_E 2026 sobre o futuro do emprendemento e o investimento

10/09/2026

Luisa Sánchez asiste ao encontro empresarial #MAPA_E 2026 sobre o futuro do emprendemento e o investimento

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu este xoves en Vigo ao coloquio organizado no marco de #MAPA_E 2026 no Círculo de Empresarios de Galicia. O encontro, que celebra a súa cuarta edición, céntrase este ano na evolución do ecosistema galego de emprendemento e investimento e no reto de pasar “do mapa compartido á acción colectiva”, conectando empresas, emprendedores, investidores e institucións. A xornada aborda, entre outras cuestións, a capacidade de Galicia para atraer talento, investimento e novos proxectos empresariais nun contexto cada vez máis competitivo. Luisa Sánchez asistiu ao almorzo-coloquio que contou como convidado especial co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.