Luisa Sánchez entrega os premios da primeira edición do DEKA Vigo, que reuniu a máis de 1.200 deportistas
27/06/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, entregou este sábado os premios da competición de fitness DEKA Vigo, que se celebrou no recinto feiral do Ifevi. A representante provincial na cidade olívica, que estivo acompañada pola directora de Deportes, Xisela Aranda, amosou a súa satisfacción pola celebración desta primeira edición do evento, que reuniu a máis de 1.200 deportistas. Do mesmo xeito, salientou o impacto desta proba no turismo local ao mobilizar preto de 3.000 persoas, entre competidores, acompañantes e organización. Este DEKA Vigo, o primeiro que se disputa no noroeste peninsular, foi posible grazas ao apoio institucional exclusivo da Deputación de Pontevedra.



