Luisa Sánchez participa en Baiona na entrega de trofeos do 41º Príncipe de Asturias
06/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu en Baiona á entrega de trofeos do 41º Trofeo Príncipe de Asturias, que puxo o punto final a tres xornadas de competición nas Rías Baixas. A cita reuniu preto de 87 embarcacións e 500 participantes nas diferentes categorías do torneo, con probas de ORC, J80 e da Gestilar Ladies Cup, que este ano celebrou ademais o seu 30º aniversario.