Luisa Sánchez recibe en Vigo ao Muévete Club Studio polo seu bronce no Europe Street Dance Cup
26/05/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, ofreceu este mércores na sede da institución provincial en Vigo unha recepción oficial ao grupo de baile Brooklyn, pertencente ao club Muévete Dance Studio. Con este acto, a responsable provincial quixo render un recoñecemento público tras o éxito internacional acadado por esta formación viguesa en Italia, onde se alzou coa terceira posición no campionato Europe Street Dance Cup. Ademais de entregar uns obsequios ao equipo, Luisa Sánchez felicitou ás mozas e aos mozos, así como ao seu corpo técnico, por levar o nome da cidade a este podio continental.



