Luisa Sánchez recibe en Vigo ao Club Deportivo Delikia tras proclamarse campión da Copa da Raíña de tríatlon

28/05/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, ofreceu este xoves da sede de Vigo unha recepción oficial ao Club Deportivo Delikia, que vén de proclamarse campión da Copa da Raíña de tríatlon. Durante o acto, no que estivo acompañada da directora de Deportes, Xisela Aranda, a vicepresidenta trasladou os parabéns institucionais ás atletas e ao corpo técnico por este fito deportivo. Igualmente, subliñou o orgullo que supón contar con referentes femininas que sitúan ao deporte da provincia no máis alto do podio nacional grazas ao seu talento e o seu traballo diario. Luisa Sánchez, que puido soster coas súas mans o trofeo de campioas, obsequiou ao equipo cunha placa conmemorativa deste éxito histórico.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.