Luisa Sánchez realiza o saque de honra no duelo entre o Bembrive FS e o Poio Pescamar da Copa Galicia feminina

20/10/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, realizou o saque de honra ao inicio do partido entre o Bembrive FS e o Poio Pescamar, disputado este martes no pavillón Vicente Álvarez con motivo dos cuartos de final da Copa Galicia feminina de fútbol sala. Luisa Sánchez presenciou o encontro e amosou o apoio da Deputación de Pontevedra ao deporte feminino e ao fútbol sala da provincia.

Galerias de imagenes