Luisa Sánchez presencia a final feminina do ITF World Tennis Juniors Sanxenxo e participa na entrega de premios
27/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, presenciou este domingo á final feminina do ITF World Tennis Tour Juniors Sanxenxo, torneo internacional de categoría J300 que se disputou esta semana na vila pontevedresa. Luisa Sánchez participou tamén na cerimonia de entrega de premios, na que se recoñeceu á campioa feminina, a alemá Mariella Thamm, que venceu á británica Daniella Britton por 7-6 e 6-1. O torneo, incluído no circuíto internacional júnior da ITF, contou con cadro masculino e feminino e volveu reunir en Sanxenxo ás promesas do tenis mundial, como foi o caso de Rafa Jódar (2023), Carlos Alcaraz (2018) ou Alex de Miñaur (2014).
