Rafa Domínguez asiste ao acto conmemorativo do Día Mundial da Parálise Cerebral
06/10/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este martes na Praza da Verdura de Pontevedra ao acto conmemorativo do Día Mundial da Parálise Cerebral, convocado por Amencer-ASPACE baixo o lema “Coidar sen renunciar”. Domínguez reivindicou “a importancia de promover a inclusión e poñer no foco tanto ás persoas con parálise cerebral como ás súas familias, prestándolles o apoio que precisan para fomentar a súa calidade de vida”.