Luis López asina co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o convenio para investir 733.000€ na recuperación do espazo público para as persoas en Arrotea, Almofrei

O presidente provincial salienta o compromiso da Deputación para cooperar cos concellos na execución dos proxectos estratéxicos que modernizan o espazo urbano

22/07/2025

Luis lópez con Jorge Cubela

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para o financiamento do proxecto de recuperación do espazo para uso peonil no núcleo de Arrotea, en Almofrei. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Cubela selaron un acordo para financiar a actuación, que ascende a case 733.000 euros, de tal xeito que a Deputación financia o 80%, máis de 586.300 euros, e o Concello de Cerdedo-Cotobade o 20% restante, case 146.600 euros.

O proxecto de recuperación do espazo público no núcleo de Arrotea, en Almofrei, busca transformar un espazo orientado principalmente aos vehículos nunha área accesible e prioritaria para os peóns. A intervención céntrase na contorna da igrexa de San Lourenzo de Almofrei e abrangue unha superficie total de 4.815 metros cadrados. Neste espazo crearase unha plataforma única, eliminando desniveis e ampliando a superficie peonil, así como renovarase o mobiliario urbano e a iluminación pública con tecnoloxía LED. Ademais, dotarase á zona de novos servizos subterráneos de saneamento, pluviais e liñas de telecomunicacións e eléctricas.

A colaboración da Deputación co Concello de Cerdedo-Cotobade non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 1,55 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. No caso concreto da parroquia de Almofrei, o organismo provincial acaba de rematar a actuación de ampliación da estrada provincial e ten en proceso de adxudicación un proxecto de iluminación.

Noticias relacionadas

{"classPK":13174018,"groupId":"37861","name":"20250723_cruces_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis lópez co alcalde de Vila de Cruces","title":"20250723_cruces_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"3a02ea24-5ea2-2976-2f5b-bf944561d384","fileEntryId":"13174018","resourcePrimKey":"13174204"}

Luis López asina co alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, o convenio para investir preto de 913.000€ na humanización do núcleo urbano da localidade

  23/07/2025

{"classPK":13174031,"groupId":"37861","name":"20250723_illa_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis lópez co alcalde da illa","title":"20250723_illa_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"9c9abaca-8bbe-6a5e-8abb-02a30cdfcec0","fileEntryId":"13174031","resourcePrimKey":"13174161"}

Luis López asina co alcalde da Illa de Arousa, Luis Arosa, o convenio para investir 500.000€ na transformación e posta en valor do núcleo urbano da localidade

  23/07/2025

{"classPK":13167721,"groupId":"37861","name":"20250722_ponteareas_rafaestevez_01.jpg","alt":"Luis López, acaba de asinar o convenio de colaboración coa alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro","title":"20250722_ponteareas_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"5ab0a490-7576-ae45-9c8d-e650b6b7b2bd","fileEntryId":"13167721","resourcePrimKey":"13167755"}

Luis López asina coa alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, o convenio para investir preto de 1,2 millóns de euros nunha pista de atletismo e vestiarios nas Rabadeiras, en Fontenla

  22/07/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.