Luis López asina co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, o convenio para mellorar o pavillón municipal cun investimento de medio millón de euros

O presidente da Deputación destacou que o goberno provincial financia o 100% dun proxecto clave para o deporte e a veciñanza de Mondariz

17/05/2025

Luis López e o alcalde de Mondariz, Pablo Barcia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinoar o convenio de colaboración co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, para o financiamento do proxecto de acondicionamento e mellora do pavillón municipal. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Barcia selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega o 100% do orzamento necesario, 498.718 euros, dos cales 424.000 euros proceden dos fondos do Plan Extra e 74.800 euros dos recursos do Plan +Provincia.

O proxecto contempla o acondicionamento e mellora da impermeabilización, accesibilidade e eficiencia enerxética do pavillón municipal, incluíndo a reforma da cuberta, o illamento das fachadas, a mellora da accesibilidade interna e externa, a construción dun aseo para persoas con discapacidade e a mellora dos acabados e dos equipamentos.

A colaboración da Deputación co Concello de Mondariz non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 1,2 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Noticias relacionadas

{"classPK":12856934,"groupId":"37861","name":"20250527_LuisLopez_PlanExtra_Pontecesures.jpg","alt":"Luis López asina co alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino","title":"20250527_LuisLopez_PlanExtra_Pontecesures.jpg","type":"document","uuid":"25a28626-2c85-3512-18d0-551abe6de01c","fileEntryId":"12856934","resourcePrimKey":"12856947"}

Luis López asina co alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino, o convenio para financiar o 100 % da reforma da rúa Carlos Maside por máis de 435.000€

  27/05/2025

{"classPK":12830604,"groupId":"37861","name":"20250521_LuisLopez_PlanExtraEstrada_1.jpg","alt":"Luis López e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao","title":"20250521_LuisLopez_PlanExtraEstrada_1.jpg","type":"document","uuid":"05817b34-f08f-3378-63db-eaacd7dcc7cb","fileEntryId":"12830604","resourcePrimKey":"12830635"}

Luis López asina co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, un convenio de colaboración valorado en 1,15M€ para a humanización da Praza de Galicia

  21/05/2025

{"classPK":12823959,"groupId":"37861","name":"20250520_luislopez_firma_asneves_jphilippot_01.jpg","alt":"Luis López e o alcalde das Neves, Jose Manuel Alfonso","title":"20250520_luislopez_firma_asneves_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"ae3c4947-f356-77f9-cc9c-f75d921fa849","fileEntryId":"12823959","resourcePrimKey":"12823989"}

Luis López asina co alcalde das Neves, Jose Manuel Alfonso, o convenio para mellorar as instalacións deportivas da Caíña por 575.000€

  20/05/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.