Luis López asina coa alcalde do Grove, José Cacabelos, o convenio para financiar, por 717.500€, o 100% da fase 2 da humanización da zona de Sineiro

O mandatario provincial resalta a importancia de combinar os recursos do Plan Extra e o +Provincia para sufragar o 100 % do custo deste proxecto que transformará a vila

13/05/2025

Luis López e o alcalde do Grove, José Cacabelos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este luns o convenio de colaboración co alcalde do Grove, José Cacabelos, para o financiamento do proxecto da segunda fase da humanización da contorna de Sineiro. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Cacabelos selaron un acordo a través do cal a Deputación achega o 100 % do orzamento, que ascende a 717.500€, dos que máis de 538.000€ achéganse a través do devandito Plan Extra e os case 180.000€ para cubrir a parte do Concello, a través dos fondos do +Provincia.

Este proxecto ten como obxecto a continuación da humanización do barrio residencial de O Sineiro nas rúas Extremadura, Valencia e Rioxa. A intervención contempla a reordenación dos espazos viarios con criterios de mellora da seguridade, mobilidade e accesibilidade peonil creando espazos de calidade para as persoas. Deste xeito, a solución proposta inclúe a reordenación destas rúas dunha maneira máis amable para os peóns aumentando a anchura das beirarrúas, o tráfico rodado pasará a ser de sentido único e as zonas de aparcamento serán reordenadas. Así mesmo, renovaranse todos os servizos urbanos, mellorarase a iluminación e instalaranse novos elementos de mobiliario urbano e xardinería.

A colaboración da Deputación co Concello do Gorve non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial un total de 1,59M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Noticias relacionadas

{"classPK":12856934,"groupId":"37861","name":"20250527_LuisLopez_PlanExtra_Pontecesures.jpg","alt":"Luis López asina co alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino","title":"20250527_LuisLopez_PlanExtra_Pontecesures.jpg","type":"document","uuid":"25a28626-2c85-3512-18d0-551abe6de01c","fileEntryId":"12856934","resourcePrimKey":"12856947"}

Luis López asina co alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino, o convenio para financiar o 100 % da reforma da rúa Carlos Maside por máis de 435.000€

  27/05/2025

{"classPK":12830604,"groupId":"37861","name":"20250521_LuisLopez_PlanExtraEstrada_1.jpg","alt":"Luis López e o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao","title":"20250521_LuisLopez_PlanExtraEstrada_1.jpg","type":"document","uuid":"05817b34-f08f-3378-63db-eaacd7dcc7cb","fileEntryId":"12830604","resourcePrimKey":"12830635"}

Luis López asina co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, un convenio de colaboración valorado en 1,15M€ para a humanización da Praza de Galicia

  21/05/2025

{"classPK":12823959,"groupId":"37861","name":"20250520_luislopez_firma_asneves_jphilippot_01.jpg","alt":"Luis López e o alcalde das Neves, Jose Manuel Alfonso","title":"20250520_luislopez_firma_asneves_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"ae3c4947-f356-77f9-cc9c-f75d921fa849","fileEntryId":"12823959","resourcePrimKey":"12823989"}

Luis López asina co alcalde das Neves, Jose Manuel Alfonso, o convenio para mellorar as instalacións deportivas da Caíña por 575.000€

  20/05/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 9 resultados.