Luis López anuncia a posta en marcha dunha plataforma turística Smartguide para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun investimento de preto de 200.000 €

“Avanzamos para converter o noso territorio nun destino intelixente e para ofrecer ás persoas visitantes novas propostas para realizar aquí, na provincia de Pontevedra”, subliñou o presidente

24/07/2025

Luis López

Luis López anuncia que a Xunta de Goberno deu luz verde á contratación da prestación do servizo de implantación e mantemento da plataforma turística Smartguide para as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun investimento de preto de 200.000 euros. “Avanzamos para converter o noso territorio nun destino intelixente e para ofrecer ás persoas visitantes novas propostas para realizar aquí, na provincia de Pontevedra”, subliñou o presidente sobre esta plataforma que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza Tabeirós-Terra de Montes. Os camiños por dentro, financiado con fondos Next Generation.

A través desta actuación, tal e como explicou o presidente, vaise dotar de recursos, información e contidos, así como poñer en valor os camiños de Santiago que pasan polas comarcas: o da Geira e dos Arrieiros e o Miñoto Ribeiro. Trátase, segundo detallou Luis López, dunha ferramenta para facilitar a planificación da viaxe, crear instrumentos para favorecer a desestacionalización da demanda, ampliar a estancia media e mellorar a experiencia con propostas vinculadas aos itinerarios xacobeos.

“Queremos dar pasos cara adiante na dixitalización e na transformación desta provincia –remarcou o presidente da Deputación-, para adaptarnos ás esixencias dos turistas do século XXI e seguir posicionando a esta provincia como Destino Turístico Intelixente”.

videos

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.