A Deputación pon en valor o próximo xoves en Mos a figura de Corona González Santos, fotógrafa e filántropa

O faladoiro forma parte do programa provincial Aquí faltan páxinas, e terá lugar o xoves 21 de maio ás 19:00 horas no Pazo de Mos

16/05/2026

O Pazo de Mos acolle o vindeiro xoves 21 de maio, ás 19:00 horas, un novo faladoiro da terceira edición do programa Aquí faltan páxinas, impulsado pola Deputación de Pontevedra para rescatar historias de mulleres que non adoitan ser contadas. Nesta ocasión a protagonista será Corona González Santos, fotógrafa e filántropa. Os asistentes ao faladoiro terán a oportunidade de coñecer aspectos da súa vida da man de Celia Castro, catedrática do Corpo Superior de Ensinanzas Artísticas e doutora en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, que estará acompañada da deputada de Igualdade, Paula Bouzós.

O faladoiro centrarase na figura de Corona González Santos, nada a finais do século XIX e vencellada a Mos e ao Porriño, que destacou polo seu compromiso social e por ser unha das primeiras fotógrafas afeccionadas en Galicia. As súas fotografías teñen un marcado carácter costumista e hoxe parte do seu arquivo está a ser recuperado para devolverlle o lugar que merece na memoria colectiva. No Museo de Pontevedra consérvanse máis de 120 copias realizadas directamente a partir de placas que están en poder da familia e que permitiron coñecer e poñer en valor a súa obra fotográfica.

Xunto co seu marido, Ramón González, implicouse en causas benéficas e culturais. Deste xeito, como filántropa deixou unha profunda pegada tanto en Mos como en Ribadeo e O Porriño. Neste último concello, a súa principal contribución foi o consistorio, encargado en 1921 a Antonio Palacios.

A terceira edición do programa Aquí faltan páxinas, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, terá continuidade con máis faladoiros. Tralos xa desenvolvidos sobre as alfombristas, Juaniña do Porriño, Concepción Pérez Iglesias, as Nais contra a Droga, as mulleres de Gargamala, Marisol Soengas, Matilde Vázquez e Rita Fernández Queimadelos, ao de Corona González seguiranlle outros nos que se narrarán as historias das mulleres do mundo do viño, da cineasta Cruz Risco e das primeiras policías locais, Marina Ledo e Begoña Villar.

Noticias relacionadas

{"classPK":14986337,"groupId":"37861","name":"23_03_2026_aqui_faltan_paxinas_01.jpg","alt":"FALADOIRO AQUI FALTAN PAXINAS RITA FERNANDEZ QUEIMADELOS 23-03-2026","title":"23_03_2026_aqui_faltan_paxinas_01.jpg","type":"document","uuid":"10e6dd74-c9de-56ea-7cbe-3887f5e9aa65","fileEntryId":"14986337","resourcePrimKey":"14986398"}

A Deputación leva o programa Aquí Faltan Páxinas ata A Cañiza para salientar a traxectoria da primeira muller que firmou proxectos de arquitectura en España, Rita Fernández Queimadelos

  23/03/2026

{"classPK":13376752,"groupId":"37861","name":"aqui_faltan_paxinas_RITA_FERNANDEZ.jpg","alt":"imaxe do programa aquí faltan páxinas","title":"aqui_faltan_paxinas_RITA_FERNANDEZ.jpg","type":"document","uuid":"7e3202bf-7418-f6dd-d964-dce15ef5af82","fileEntryId":"13376752","resourcePrimKey":"14920229"}

A Deputación pon en valor o próximo luns na Cañiza a figura de Rita Fernández Queimadelos, a primeira muller que asinou proxectos de arquitectura en España

  18/03/2026

{"classPK":14705282,"groupId":"37861","name":"20260226_Paula_Bouzos_aqui_faltan_paxinas_cambados.jpg","alt":"Matilde Vázquez no teatro lírico español nun faladoiro en Cambados do programa Aquí faltan páxinas","title":"20260226_Paula_Bouzos_aqui_faltan_paxinas_cambados.jpg","type":"document","uuid":"223384ed-5f38-51e4-b608-be472620b309","fileEntryId":"14705282","resourcePrimKey":"14705420"}

A Deputación salienta a pegada de Matilde Vázquez no teatro lírico español nun faladoiro en Cambados do programa Aquí faltan páxinas

  26/02/2026