Luis López anuncia scape rooms, talleres culturais e visitas sobre a camelia para festexar no castelo de Soutomaior o mes da flor das Rías Baixas

O presidente provincial, xunto cos deputados Nava Castro e Javier Tourís, dá a coñecer un programa de actividades para os meses de febreiro e marzo cunha proposta para todos os públicos composta por dez actividades diferentes

30/01/2025

PPrograma de actividades sobre a camelia no castelo de Soutomaior

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presenta no Castelo de Soutomaior a programación de actividades sobre a camelia que o ente provincial desenvolverá ao longo dos meses de febreiro e marzo. Acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro; e o deputado responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Javier Tourís; o dirixente provincial anunciou un amplo abano de actividades dirixidas a todos os públicos, especialmente o familiar, que inclúen visitas guiadas, obradoiros ou xogos de escapismo destinadas a poñer en valor a camelia como atractivo turístico, cultural e natural das Rías Baixas. “A camelia é un dos principais atractivos turísticos do noso territorio. É unha mostra da beleza, diversidade e riqueza natural desta provincia, da sensibilidade dos centos de produtores que fixeron desta flor a flor das Rías Baixas e tamén da rica e variada oferta cultural que xira arredor desta flor”, afirmou o presidente Luis López despois de completar un recorrido polos xardíns da camelia do Castelo de Soutomaior, que conta con máis de 400 variedades.

Ao longo dos dous vindeiros meses, a Deputación porá en marcha ata dez actividades distintas relacionadas coa camelia. A programación inclúe un xogo de escapismo, gratuíto e para todos os públicos titulado “Street Scape”, que consiste nunha aventura ao aire libre na que os participantes deberán resolver probas nos xardíns do castelo. Comezará o 9 de febreiro e, a partir dese día, o público poderá gozar da experiencia de maneira autónoma e calquera día. Só precisan un móbil para escanear o código QR ubicado na billeteira do castelo antes de comezar o percorrido. É a única das actividades que non precisa reserva previa.

Para os días 23 de febreiro e 23 de marzo está programado un contacontos infantil, o aforo é de 30 persoas e o prezo da entrada, de 8 euros. Están previstos tamén a organización de tres obradoiros, dous infantís e un para adultos, cunha entrada de 8 euros cada un. Os días 22 de febreiro e 22 de marzo terá lugar o de arte con papel para a cativada, o 2 de marzo, outro de pintura ao aire libre para menores; e os 16 de febreiro e 16 de marzo, un taller de Ecoprint, estampaxe botánica, pensado para un público adulto.

PPrograma de actividades sobre a camelia no castelo de Soutomaior

O ciclo de actividades redondéase cun programa de visitas guiadas para o público xeral (3€) e para escolares (gratuítas), cunha duración de noventa minutos que terán lugar de martes a venres en horario de mañá entre febreiro e marzo. Así mesmo, haberá tres percorridos especiais centrados na “Camelia e literatura”, os días 1 e 2 de febreiro, do 25 de febreiro ao 2 de marzo e do 25 ao 30 de marzo; “Camelia e moda”, do 4 ao 9 de febreiro e do 4 ao 9 de marzo; e “Camelia e saúde”, do 11 ao 16 de febreiro e do 11 ao 16 de marzo.

“Ofrecemos un programa con tipos de visitas guiadas, tres obradoiros, un contacontos e un xogo de escapismo pensado para todos os públicos, especialmente o familiar, e que supón un investimento por parte da Deputación de máis de 7.500€”, explicou o mandatario provincial.

A maiores, adiantou Luis López que os vindeiros 22 e 23 de febreiro terá lugar no pazo da Cultura de Pontevedra a sesenta edición do Concurso e Exposición da Camelia. Un certame no que a Deputación repartirá un total de 5.000 en 22 premios e aberto para toda a cidadanía, que pode inscribirse ata o 14 de febreiro.

Turismo interior

PPrograma de actividades sobre a camelia no castelo de Soutomaior

A aposta pola camelia como un dos grandes atractivos turísticos das Rías Baixas forma parte da estratexia de promoción turística que a Deputación ten en marcha. Un plan, que leva o nome de Estratexia Rías Baixas Turismo 61, que busca explotar o potencial dos 61 concellos da provincia, descubrir os tesouros do interior da provincia e consolidar as Rías Baixas como un destino desestacionalizado e descentralizado. “Nunca me cansarei de dicilo: Vivimos nun paraíso extraordinario composto por 61 concellos —todos eles extraordinarios e cuns atractivos extraordinarios— que paga a pena coñecer, protexer e promocionar. O Castelo de Soutomaior é un espazo único e privilexiado, un tesouro histórico, arquitectónico e natural ao que dotamos ademais dunhas experiencias 100 % Rías Baixas, como é esta completa e interesante programación centrada na flor da nosa provincia: a camelia”, concluíu o presidente Luis López.

Noticias relacionadas

{"classPK":3094033,"groupId":"37861","name":"noticia-o-castelo-de-soutomaior-contara-cun-ambicioso-proxecto-de-iluminacion.jpg","alt":"Castelo de Soutomaior","title":"noticia-o-castelo-de-soutomaior-contara-cun-ambicioso-proxecto-de-iluminacion.jpg","type":"document","uuid":"a97e79b7-c3cd-328b-f38a-a07a4990840f","fileEntryId":"3094033","resourcePrimKey":"12355401"}

A Deputación organiza esta semana novas visitas guiadas temáticas polos xardíns do Castelo de Soutomaior para descubrir as camelias e a súa relación coa saúde

  09/03/2025

{"classPK":12286547,"groupId":"37861","name":"20250228_luislopez_rp_jphilippot_08.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20250228_luislopez_rp_jphilippot_08.jpg","type":"document","uuid":"86433300-adce-70e9-93da-9f42f3e8b460","fileEntryId":"12286547","resourcePrimKey":"12286571"}

Luis López anuncia un investimento de máis de 2 millóns de euros para a iluminación monumental e paisaxística do Castelo de Soutomaior

  28/02/2025

{"classPK":12244639,"groupId":"37861","name":"20250222_rafa-dominguez_concurso-exposicion-internacional-camelia.jpeg","alt":"concurso internacional de la Camelia","title":"20250222_rafa-dominguez_concurso-exposicion-internacional-camelia.jpeg","type":"document","uuid":"3131153f-18c5-2727-e693-ee9995e92c1e","fileEntryId":"12244639","resourcePrimKey":"12244769"}

A Deputación fai entrega dos 22 premios da LX edición do Concurso-Exposición Internacional da Camelia

  22/02/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.