A Deputación aproba destinar 174.000 euros para os concellos de Gondomar e Campo Lameiro ao abeiro do Plan +Provincia

“Avanzamos no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos preto de 41,2 millóns de euros neste 2025”, subliñou o presidente Luis López

18/07/2025

Xunta de Goberno

A Deputación de Pontevedra continúa aprobando recursos para os concellos ao abeiro do Plan +Provincia. Neste caso, a Xunta de Goberno acaba de dar luz verde a 174.000 euros para que o concello de Gondomar impulse un novo investimento e o concello de Campo Lameiro afronte gasto corrente. "Avanzamos no reparto de fondos do +Provincia –subliñou o presidente Luis López-, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos preto de 41,2 millóns de euros neste 2025 entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia".

Gondomar recibirá máis de 93.000 euros procedentes da liña 1, de investimentos, do +Provincia para financiar integramente o cruce da Avenida Conde de Gondomar coa rúa Emigrante, onde se creará unha plataforma única para mellorar a accesibilidade e mobilidade peonil e recuperará, deste xeito, espazo urbano para as persoas.

Pola súa banda, Campo Lameiro beneficiarase de preto de 81.000 euros da liña 2, de gasto corrente, para facer fronte ao pagamento de diversos servizos municipais como o canon de tratamento de residuos domésticos, o desbroce e a limpeza da parroquia de Fragas, a xestión do ximnasio municipal ou o desbroce, podado de vexetación, mantemento de superficies e retirada de residuos na ruta dos Maneses, a senda dos pescadores e a vía mariana.

Noticias relacionadas

{"classPK":13340921,"groupId":"37861","name":"20250821_marcosguisasola_ailla1.jpeg","alt":"O deputado provincial Marcos Guisasola visitou hoxe a Illa de Arousa","title":"20250821_marcosguisasola_ailla1.jpeg","type":"document","uuid":"79a141d6-9504-29b9-1b56-df226903d789","fileEntryId":"13340921","resourcePrimKey":"13340940"}

A Deputación destinará máis de 150.000 euros á Illa de Arousa para financiar o reacondicionamento das Casas dos Mestres do CEIP Torre-Illa

  21/08/2025

{"classPK":13144511,"groupId":"37861","name":"20250716_jesus_almuina_provincia_gondomar.jpeg","alt":"cruce da Avenida Conde de Gondomar coa Rúa Emigrante en Gondomar","title":"20250716_jesus_almuina_provincia_gondomar.jpeg","type":"document","uuid":"4f6f1062-0e50-3f58-72ad-327186af5935","fileEntryId":"13144511","resourcePrimKey":"13144527"}

A Deputación destinará máis de 93.000 euros a Gondomar para financiar integramente a reforma do cruce da Avenida Conde de Gondomar coa Rúa Emigrante

  16/07/2025

{"classPK":13130471,"groupId":"37861","name":"20250711_LuisLopez_ProvinciaBaiona_JPhilippot_03.jpg","alt":"Luis López visita Baiona +Provincia","title":"20250711_LuisLopez_ProvinciaBaiona_JPhilippot_03.jpg","type":"document","uuid":"f11a3094-049e-0951-189c-60e5dfa1a29c","fileEntryId":"13130471","resourcePrimKey":"13130487"}

Luis López salienta a mellora da accesibilidade dos edificios públicos que impulsa o +Provincia en lugares como Baiona, cun investimento de 250.000€ na casa consistorial

  11/07/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.