A Deputación destina máis de 20.000 euros ao Concello de Catoira para acondicionar a escola de música

Trátanse de recursos do Plan +Provincia que destina este ano ao concello máis de 850.000 euros ao sumar os 500.000 do 2026 e o adianto de máis de 350.000 euros da liña de investimentos do 2027

22/07/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de máis de 20.000 euros ao Concello de Catoira para financiar integramente as obras de acondicionamento da escola de música. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que destina este ano ao concello máis de 850.000 euros ao sumar os 500.000 do 2026 e o adianto de máis de 350.000 euros da liña de investimentos do 2027.

Con estes recursos está previsto executar diversas obras de reforma, reparación e posta a punto no edificio municipal situado na Avenida Eloy Domínguez, que alberga a escola de música e unha nave anexa destinada a almacén. O obxectivo da actuación é solucionar avarías puntuais, mellorar a eficiencia enerxética e garantir unhas condicións óptimas de confort, hixiene e funcionalidade para o alumnado e profesorado.

Deste xeito, cos fondos do +Provincia da Deputación instalarase un sistema de climatización por aerotermia na sala de ensaio principal e renovaranse as luminarias do edificio. Tamén se substituirán dous lucernarios, renovarase a porta de comunicación entre a escola de música e a nave e repararanse mecanismos de apertura de fiestras. Completarase a actuación coa renovación de dous urinarios, novas billas nos lavabos, o pintado do interior e a colocación de estores e unha cortina para mellorar a acústica e o control lumínico.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.