A Deputación destina máis de 80.000 euros a Pazos de Borbén para a mellora de dous camiños municipais

A actuación finánciase con cargo ao Plan +Provincia, que este ano destina ao concello algo máis de 835.000 euros ao sumar 490.000 euros do 2026 e o adianto de 340.000 da liña de investimentos do 2027

12/08/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de 80.000 euros para que o Concello de Pazos de Borbén para a repavimentación dos camiños de Torrente e Cubelos. Trátase de recursos do Plan +Provincia, que este ano destina ao concello 835.000 euros ao sumar os 490.000 euros de 2026 e o adianto de máis de 340.000 da liña de investimentos do ano 2027.

En concreto, a actuación no camiño de Torrente, en Nespereira, ten un orzamento de 30.000 € e busca rehabilitar un espazo que actualmente se atopa degradado, con fochas e vexetación nas xuntas. Por iso, realizarase a roza de taludes e a preparación da rasante mediante o escarificado do firme existente, instalaranse dous sumidoiros con reixa de fundición para a recollida de pluviais, pavimentarase unha superficie aproximada de 310 m2 e prevese o recrecido de tres pozos de rexistro para adaptalos á nova cota do camiño.

Por outra banda, no camiño de Cubelos, na parroquia de Santiago de Borbén, cun orzamento de 52.000 euros é necesario repavimentar debido ao mal estado no que se atopa na actualidade. Actuarase en dous tramos cunha lonxitude total de 356 metros e os traballos inclúen actuacións previas, como limpeza e roza das marxes e beiravías, a roza do terreo, a limpeza da cuneta, o corte de pavimento, o fresado de firme ou o varrido, a pavimentación e a posterior reposición da sinalización.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.