Rafa Domínguez, na presentación da Culturgal: “Canto máis invistes en cultura, máis evolucionada está a sociedade”

03/11/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na presentación da Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que celebrará a súa décimo novena edición do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un evento cultural que reunirá 200 actividades, 800 artistas, 100 postos e unha ampla programación musical, teatral, literaria e audiovisual, con propostas para todos os públicos, incluído o infantil e o ámbito dos videoxogos.

Domínguez destacou o papel da cultura como motor de desenvolvemento económico e social. “Canto máis invistes en cultura, máis evolucionada está a sociedade”, afirmou antes de recordar o compromiso da Deputación de Pontevedra coa cultura galega, cos profesionais e cos creadores, para seguir achegándoa a todos os pontevedreses e ás pontevedresas. O vicepresidente concluíu agradecendo o traballo das persoas organizadoras e convidou a toda a cidadanía a participar nesta nova edición de Culturgal.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.