Rafa Domínguez participa na presentación do Congreso Flúor e subliña o seu papel como “berce de novas ideas” e “escaparate do noso talento”

06/05/2026

Rafa Domínguez participa na presentación do Congreso Flúor e subliña o seu papel como “berce de novas ideas” e “escaparate do noso talento”

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación do Congreso de márketing Flúor, que acollerá a capital da provincia os días 14 e 15 de maio. “Pontevedra -subliñou- será o epicentro da creatividade, concentrando aos maiores expertos da comunicación, do márketing e da publicidade”.

“Flúor – asegurou Domínguez- vai traer á cidade actividades que serán o berce de novas ideas, que servirán para inspirar tanto a profesionais consolidades como as novas promesas”. Ao respecto, o vicepresidente engadiu que “apoiamos este congreso porque á marxe do interesante que é escoitar estas persoas expertas, tamén será un importante escaparate do noso talento e unha oportunidade para aprender e coñecer de primeira man as últimas tendencias do sector”.

Galerias de imagenes