Rafa Domínguez fai entrega dos premios da Costa Atlántica MTB Tour

05/04/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou no acto de entrega de premios da Costa Atlántica MTB Tour, a competición de bicicleta de montaña que se estenderá ata este domingo e que ten a cidade de Pontevedra como base. Unha proba que, tal e como remarcou Domínguez, é fundamental para “amosar a fortaleza dos nosos ciclistas e tamén as espectaculares paisaxes naturais coas que contamos nesta provincia”. Neste eido, o vicepresidente lembrou que o deporte é un “obxectivo prioritario” do goberno provincial, “que ten un importante impacto no desenvolvemento da provincia e para o que estamos traballando, da man dos concellos, clubs e entidades, para promovelo e para acoller grandes citas deportivas, como esta, que nos sitúan no mapa”.