Rafa Domínguez participa no lanzamento da campaña de AEMPE “O galego está de moda”, subvencionada con recursos da Deputación de Pontevedra

07/09/2026

Rafa Domínguez participa no lanzamento da campaña de AEMPE “O galego está de moda”, subvencionada con recursos da Deputación de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou na Praza da Peregrina no lanzamento da campaña da Asociación de Empresarios de Pontevedra (AEMPE) “O galego está de moda”, subvencionada con recursos da Deputación de Pontevedra a través do servizo de Lingua. Con esta iniciativa, tal e como recordou Domínguez, “trátase de promover o galego como lingua do comercio local, asociándoa a valores como a proximidade, a confianza, a identidade territorial e a calidade”.

“O galego está de moda. O comercio local fala galego. Mercar en galego tamén é tendencia” combinará accións de márketing, participación cidadá e visibilidade urbana mediante o uso do galego en escaparates, bolsas, comunicacións, redes sociais e actividades de rúa, reforzando así o valor cultural e identitario do comercio de proximidade.

Galerias de imagenes