Rafa Domínguez anima aos pontevedreses a “sumarse” a unha nova edición da carreira solidaria Pontevedra en marcha contra o cancro

15/09/2026

Rafa Domínguez anima aos pontevedreses a “sumarse” a unha nova edición da carreira solidaria Pontevedra en marcha contra o cancro

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe na presentación da 8ª edición da carreira Pontevedra en marcha contra o cancro, que terá lugar na cidade de Pontevedra o vindeiro domingo 4 de outubro e que busca recadar recursos para a Asociación Española Contra o Cancro e o seu apoio á investigación contra esta enfermidade. Domínguez aproveitou para animar á veciñanza a “sumarse” a esta proba, que cada ano “demostra que aos pontevedreses nos gusta estar en plena forma, pero, por riba de todo, que somos unha cidade cunha grande implicación e moi solidaria”.

Galerias de imagenes